Identificación electrónica
En función do trámite da sede electrónica ao que accedas, poderás escoller entre os distintos sistemas de identificación dispoñibles.
Certificado ou DNI electrónico
O certificado electrónico é unha firma dixital que se instala no navegador para garantir a identidade e permite realizar xestións sen necesidade de desprazarse.
A firma dixital que inclúe o DNIe permitirá realizar os mesmos trámites que outro tipo de certificados electrónicos, sempre que o certificado non caducase.
Cl@ve
É un sistema de identificación que permite realizar trámites por internet baseado en claves concertadas cunha validez limitada no tempo e que se pode renovar cada vez que se necesite. Supón o uso dun código de verificación dado pola aplicación unha vez introducidos os teus datos identificativos ou mediante código QR e visualizado na APP Cl@ve; ou mediante o uso dun código elixido polo usuario e un PIN comunicado mediante SMS ou na APP e que require un rexistro previo.
Outros sistemas de identificación
Existen alternativas aos sistemas descritos anteriomente para trámites concretos; por exemplo a consulta de documentos electrónicos e descarga de ficheiros mediante CSV (Código Seguro de Verificación).